Emmanuel Carrére leva o Premio Casino de Novela Europea

OQO obtén unha mención do Banco do Libro de Venezuela ás mellores publicacións

3/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A edición en español da novela D'autres vies que la mienne (De vidas ajenas), realizada por Anagrama, fíxose co Premio Casino de Novela Europea. O escritor francés Emmanuel Carrére levará os 3.000 euros do galardón e verá a súa novela traducida ao galego. No certame, que conta cun triplo sistema de selección entre o público xeral, os socios do Casino e mais un xurado, contabilizáronse 116 votos, e quedou en segunda posición Los enamoramientos de Javier Marías.

Pola súa banda, a editora OQO acadou unha mención do Banco do Libro de Venezuela pola obra Jack y la Muerte de Tim Bawley. O libro foi incluído con outra outra nas "primeiras mencións de honra" desta institución, inmediatamente por detrás dos tres títulos imprescindibles para esta entidade.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OQO, Venezuela

Claves

Entidades
Lugares