O manga visto desde Galicia

Unha tese feita en Pontevedra analiza a novena arte nipona

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Portada da publicación

Portada da publicación

Unha tese feita en Galicia que analiza o manga desde a súa historia, estilos, características e, de xeito especial, a socioloxía. Desde a facultade de Belas Artes de Pontevedra, José Andrés Santiago achegouse a este complexo e en grande medida descoñecido mundo no seu traballo de doutoramento, que aborda cuestións como a influencia deste estilo na arte contemporánea ou a súa importancia como industria cultura exportadora de contidos desde Xapón. A perspectiva académica aplicada a esta arte supón unha proposta case pioneira a nivel estatal, e a primeira tentativa deste tipo realizada desde Galicia. A obra, en forma de libro para o grande público presentouse o pasado mes de outubro, no Salón de Manga de Barcelona co título “Manga: Del cuadro flotante a la viñeta japonesa”. O autor explícanos polo miúdo a súa análise deste fenómeno.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Xapón, Barcelona