Play Doc apoia os novos creadores cun programa formativo para rematar os seus proxectos

Oito creadores concluirán en Tui os seus documentais

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Do 6 ao 19 de decembro a casa rural O Remesal de Tui converterase nun improvisado centro de creación de documentais. É o escenario no que terá lugar o Docs in Progress, un programa formativo ao abeiro do festival Play DOC para apoiar a novos creadores. Oito realizadores (Yrsa Roca de Islandia, Mariana Viñoles de Uruguai, Alejandra Grinschpun e Fernando Boto de Arxentina, Thais Taverna de Brasil, Nina Bendzko de Alemaña e Víctor Hugo Seoane e Pela del Álamo de Galicia) participarán neste encontro que pretende servir para rematar o seu documental co apoio de Marta Andreu, produtora e coordinadora do Master en documental de creación da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. Ademais da estadía e as clases, cada seleccionado no proxecto recibirá unha bolsa de axuda de 1.000€.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Tui, Documental, Arxentina...