É unha das actividades máis interactivas de todas cantas ten Play Doc, o festival de documentais de Tui. Un obradoiro que, baixo o nome de Retrato Filmado, pretende dar conta da vidade sete habitantes da localidade pontevedresa. Cada ano, sete documentalistas acoden a Tui para construÃr a imaxe dos habitantes desa vila, convivindo con eles durante unha semana e baixo a dirección de Marta Andreu, encargada desta parte da programación. Hoxe comeza unha nova edición deste obradoiro que é a antesala do festivais de documentais máis destacado de Galicia (que se desenvolve do 30 de marzo ao 2 de abril).