Un taller audiovisual abre o programa Creativa 2010

Entre as actividades previstas repite o foro empresarial da cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

“O retrato filmado #02, o retrato memoria” é o nome co que se inicia Creativa 2010, o programa de creación transfronteiriza con base cultural no que traballa tanto Agadic como a Direccão Regional de Cultura do Norte. Esta primeira actividade intégrase dentro da programación de Play-DOC, o festival de documental de autor que se desenvolve estes días en Tui e supón tanto proxeccións (película colectiva Ida e volta) como concertos (o grupo portugués La Batida). Outras iniciativas que se integran dentro de Creativa 2010 son o Festival de Cans (O Porriño), o I Foro Galego-Portugués de Clown e Novo Circo (A Estrada), a exposición Camiño Sonoro (Ourense), accións de danza en Pontevedra ou unha nova edición do foro empresarial sectorial como o que se desenvolveu no outono pasado en Vigo.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, Documental, Danza, Play-Doc...