Sucédense as mobilizacións polo desaloxo da Casa das Atochas

Un filme colectivo retratará a experiencia deste centro social ocupado

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Unha recente orde xudicial obrigará a desaloxar antes do 9 de decembro o Centro Social A Casa das Atochas, situado no barrio coruñés de Monte Alto. A posibilidade de que este espazo ocupado feche logo de case tres anos de actividades está a provocar diferentes iniciativas de apoio. Entre elas, destaca a proposta dun grupo de creadores que desenvolverán un filme colectivo sobre esta experiencia. Entre os nomes que xa confirmaron o seu apoio atopamos algúns coma Alberte Pagán, Miguel Castelo, Marcos Nine, Xurxo González, Ramiro Ledo ou Xiana Arias, entre outros.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xurxo González, Alberte Pagán, Marcos Nine, Castelo

Claves

Conceptos