O Consorcio Audiovisual creará un circuito propio de exhibición de películas galegas

As primeiras accións da entidade concrétanse en Pontevedra con proxeccións mensuais

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

“As cousas levan o seu tempo” afirma a El País Anxo Quintanilla, xerente do Consorcio Audiovisual, ao referirse a reunificación das políticas públicas neste sector. No marco dunha entrevista publicada hoxe nese xornal, explica que desde o seu nomeamento está a solucionar problemas legais para a configuración do plantel da entidade, así como a posta en marcha do seu plan estratéxico (inclúe accións de cara a internacionalización, promoción, formación e programa audiovisual nas aulas e, enter as novidades, un circuíto propio de exhibición do produto galego). Entre os primeiros movimentos da nova etapa do consorcio, a vindeira semana asinará un convenio coa Facultade de Ciencias Sociais para que o centro do campus proxecte filmes galegos mensualmente.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, El País, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)