O IGEA analiza a situación da política lingüística no país

A entidade chama a superar os conceptos sobre bilingüísmo nunha reflexión estratéxica

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Unha reflexión estratéxica é o título do informe que presentaba onte o Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos. O texto, elaborado por Henrique Monteagudo en colaboración con Antón Reixa, analiza a creba do consenso sobre o galego que se deu nos últimos anos e chama a superar moitos dos conceptos actualmente vencellados á lingua. Garantir o total dominio da poboación tanto do galego como do castelán, nun "bilingüismo restituvivo e regaleguizador" ou a introdución do portugués no ensino son algunhas das propostas que se poden atopar no informe, dispoñible íntegro na rede.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Henrique Monteagudo, Antón Reixa, Portugués...