A política de Xelmírez centra a primeira xornada do congreso sobre a súa figura

O encontro sobre o arcebispo insiste na vocación hispánica das súas actuacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Fóra de se centrar na ordenación dos seus dominios en Galicia, Diego Xelmírez pretendía influír na política a nivel hispánico. O arcebispo enfrontouse a un momento de mudanzas no papel do papado e mais á conformación do sistema feudal na Península, o que o levou a ter que desenvolver unha estratexia de equilibrios e presións. Estas son algunhas das posicións que se expuxeron onte no congreso O século de Xelmírez que continúa ata maña na sede do Consello da Cultura Galega. A pegada do arcebispo compostelán na penetración do románico e na consolidación do Camiño de Santiago son algúns dos temas que se tratarán nas xornadas.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Consello da Cultura Galega

Claves