Está mañá o Consello da Cultura Galega presentou a ampla obra O século de XelmÃrez. Trátase dun amplo estudo que analiza o século XII, definido por Ramón Villares como "fundamental para a Historia de Galicia", a través dos tres eixos nos que o arcebispo XelmÃrez deixou unha notable influencia: a historia, a arte e a cultura, e no que colaboran os principais especialistas galegos e destacados expertos internacionais.
Ramón Villares, presidente do CCG e coeditor do libro, reivindicou durante a presentación a figura de XelmÃrez como unha "figura excepcional da Historia de Galicia e de Europa Occidental" e lamentou o esquecemento que esta figura ten como construtora da identidade de Galicia. Villares sinalou que o galeguismo non tivo unha visión única sobre a figura de XelmÃrez e iso redundou na falta de consenso sobre a súa figura e na súa asunción como persoeiro central da identidade de Galicia.
O século de XelmÃrez é unha ambiciosa publicación que recolle achegas dos principais especialistas na obra e tempo de Diego XelmÃrez, arcebispo de Santiago no século XII, e edÃtase como parte dos obxectivos do CCG, en relación a fomentar análises anovadas e interdisciplinares de grandes figuras da cultura galega, como neste caso foi o arcebispo de Compostela.
O obxectivo da publicación é determinar a influencia desta poderosa figura polÃtica e eclesial na polÃtica, nas artes e nas letras do seu tempo. Está editada por Fernando López Alsina, Henrique Monteagudo, Ramón Villares e Ramón Yzquierdo PerrÃn.
Deste xeito, investigadores de diferentes universidades europeas colaboraron para ofrecer unha visión global dun dos tempos máis importantes da Historia de Galicia. Autores como LuÃs Carlos Amaral, Ermelindo Portela Silva, Klaus Herbers, Ludwig Vones, Manuel Castiñeiras, Roger Wright ou Emma Falque participan tecendo un mosaico sobre a arte, a cultura literaria ou plástica.