A voz de Otero Pedrayo volve resoar no Pazo de Xelmírez

A praza do Obradoiro acolle a recuperación dunha gravación inédita do polígrafo ourensán

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O 15 de xullo de 1952 Ramón Otero Pedrayo pronunciou no refectorio do pazo arcebispal de Santiago de Compostela unha sonada conferencia sobre o arcebispo Xelmírez, dentro dun curso de arte medieval. A gravación permaneceu oculta no arquivo familiar do oftalmólogo Antón Beiras nunha bobina de fío de aceiro ata hoxe. Este luns 26 de xullo celebrarase en Compostela un acto de audición da peza, que foi restaurada, en dous espazos. 25 persoas poderán escoitala no refectorio do Pazo de Xelmírez, no lugar orixinal no que foi pronunciada, pero a conferencia tamén se poderá escoitar desde o Obradoiro para público xeral.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Xelmírez, Obradoiro, Ramón Otero Pedrayo, Santiago de Compostela...