Positivas publicará unha obra inédita de Lois Pereiro

Conversa ultramarina recupera un diario que o poeta escribiu no final da súa vida

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Positivas publicará unha obra inédita de Lois Pereiro

Unha obra inédita de prosa de Lois Pereiro, autor homenaxeado no vindeiro Día da Letras, verá a luz este inverno da man Edicións Positivas. "É unha especie de diario que Pereiro escribe estando no hospital e que lle envía a unha muller que chama P.", explica Francisco Macías, responsable da firma. Conversa ultramarina é un texto de preto de setenta páxinas que o propio autor titulou e que concibía como unha obra que podería ser publicada de xeito póstumo. "É unha mestura entre cartas de amor e textos moi optimistas, nunca publicara material deste tipo e amosa unha imaxe de Lois ledo, con humor e con moitas ganas de vivir".

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Pereiro, Humor, Edicións Positivas, Edicións Positivas

Claves

Protagonistas
Conceptos