O Grupo Ouriol homenaxea a Lois Pereiro cun espectáculo

A Porta entreaberta ou as balas do desexo chega a Compostela o vindeiro mércores

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Centro Sociocultural de Vite de Santiago de Compostela acolle o vindeiro mércores 16 de novembro a posta en escena de A Porta entreaberta ou as balas do desexo. Con este espectáculo poético musical o grupo Ouriol homenaxea a Lois Pereiro combinando o recitado de textos de Poemas 1981-1991, de Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 e cartas tiradas de Conversa ultramarina con pezas musicais compostas para a ocasión.

No espectáculo combínase a voz de Eva Veiga coa música de Fito Ares (frauta) e Bernardo Martínez (percusión e clarinete). Ademais, proxectaranse ilustracións de Alfonso Costa, todo baixo a dirección escénica de Quico Cadaval.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Lois Pereiro, Poesía, Santiago de Compostela...