Nace Creatividade Galega, para potenciar o sector da publicidade en Galicia

Conta con medio centenar de empresas asociadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Nace Creatividade Galega, para potenciar o sector da publicidade en Galicia

Mañá preséntase ao público a primeira asociación galega de publicistas, Creatividade Galega. Farao no Mercado de Abastos de Santiago porque, como aseguran na súa web corporativa, “é onde se venden os mellores produtos”. O presidente deste colectivo é o profesor da Universidade de Vigo, Jesús Pérez, responsable e promotor do “Anuario de Creatividade Galega” que presentará este ano a súa quinta edición. Malia que a entidade se presenta mañá unha das súas primeiras actividades xa está en marcha, son as Xornadas Trends&Creativity sobre innovación e creatividade no mundo da empresa que realizan en convenio co Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego. Seis seminarios que se desenvolven neste mes de setembro ppara promover fomentar a creatividade das PEMES.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo

Claves

Lugares