O Anuario da Creatividade Galega aumenta ata recoller mil traballos publicitarios

A publicación recolle os deseños creados no 2008

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Anuario da Creatividade Galega aumenta ata recoller mil traballos publicitarios

Cun bo produto non abonda, senón que este debe ter tamén unha boa imaxe. E isto é o que pretende evidenciar o Anuario da Creatividade Galega 2008. Un volume que compila os mellores traballos de deseño e publicidade feitos por profesionais galegos no último ano. En total máis de mil proxectos pretenden “recoller a calidade que hai en Galicia”, tal e como apunta Chechu Pérez, profesor da Universidade de Vigo e un dos autores desta publicación. O volume conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da sociedade Galicia Calidade. A principal novidade deste traballo, que xa conta con tres edicións, é o incremento de produtos seleccionados, así como a incorporación das asociacións profesionais de publicistas e de deseñadores que hai en Galicia.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Universidade de Vigo, Xunta de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares