Se xuntáramos os anuncios que se emiten na televisión todos os días, teríamos 23 horas continuadas de publicidade. Se lle engadimos os folletos, o que escoitamos na radio, no correo, na prensa e nas revistas veríamos que a publicidade nos anega día tras día. Ante este despegamento de imaxinación, un equipo de Ciencias Sociais de Pontevedra decidiu crear un anuario que recolla os mellores anuncios, spots, webs, banners que fixeron as empresas galegas. Chámase Anuario galego da Creatividade e ponse hoxe a venda.
O Anuario Galego da Creatividade é un traballo que pretende recompilar os anuncios máis creativos de todas as empresas de deseño, publicidade e comunicación de Galicia. Deste xeito Xesús Pérez Seoane resume o traballo que leva coordinando durante todo un ano para agrupar nun volume-cd os traballos da publicidade feita no país.
Nese anuario hai anuncios que van desde 1995 ata o 2005 e, como di o seu coordinador do exemplar, preténdese recoller o mellor de cada empresa, como unha especie de carta de presentación. O primeiro anuario galego da creatividade servirá de repaso do que o sector da publicidade deu de si ata hoxe. No futuro, di Xesús, será un anuario en sentido estricto, é dicir, recompilará a publicidade dun ano. Iso si, hai que deixar claro que a creatividade é, en palabras de Xesús unha forma diferente de facer as cousas.
Os contidos
¿Que ten un libro sobre a creatividade? Principalmente anuncios, spots, diferentes formatos de publicidade e todas esas mostras que evidencian o despegamento da imaxinación e o enxeño elaborado en Galicia. O volume, que se comercializa por 18 euros, inclúe un libro en papel e un CD que contén o libro en PDF, os spots, as páxinas web e mostras dos traballos de todas as axencias de publicidade estruturadas por orde alfabética.
Xesús explica que unha porcentaxe moi alta das campañas que están no anuario son moi coñecidas. Hai anuncios clásicos como o de Adoro Galicia (Estrella Galicia), anuncios moi recentes no tempo como a campaña Boísimo Nadal feita por unha axencia de Santiago para o Mercado de abastos; anuncios futuros como o do cartaz do Salón do automóbil de Vigo (maio, 2006) ou campañas como a de Vigo 2005, que se fixo para a saída da Volvo Ocean Race, ou a do Plan de Excelencia Turística de Lugo.
Todos os anuncios están ben, pero o que me parece interesante son as grandes campañas. Por exemplo, creo que o máis interesante é descubrir quen é o autor dun anuncio. Desde a miña posición como profesional e como profesor o que máis me gusta é descubrir as axencias pequenas, onde existen moi boas ideas e que moitas veces es nos escapan porque ás grandes xa as coñecemos todos.
Tendencias
Á vista dos resultados, Xesús pensa que a creatividade galega segue as tendencias que marca o mercado publicitario internacional, entendidas como seguir o camiño da profesionalización, solventar as demandas dos anunciantes. Unhas declaracións que deixan entrever unha certa tensión entre o empresario e o publicista, que han de encontrarse nun camiño intermedio e no que ti podes ser moi bo deseñador pero se o anunciante ten un produto determinado e quere anuncialo desde un punto de vista clásico, tes que combinar ambos factores para ofrecer unha campaña de calidade. Penso que ao final a creatividade, desde un punto de vista publicitario, radica aí, na liña entre o que o anunciante solicita e o que o deseñador fai sen perder calidade e atractivo.
O coordinador deste anuario deixa claro que o mercado publicitario galego amosa día a día que en Galicia podemos facer as cousas dunha forma distinta pero eficaz desde o punto de vista comercial. E como exemplo pon a campaña publicitaria da Corporación Caixa Galicia, que ten un logotipo CporG. Non é unha forma de dar a coñecer a obra social desde un punto de vista tradicional como fan outras entidades cunha campaña que amosa rapaces con discapacidade e cousas así, senón que o fai dun xeito moito máis sutil, amosando un ollo, árbores, unha estela dun barco... ademais de ser máis sutil é unha campaña moito máis actual e atopas exemplos indirectos para redundar na idea da obra social.
Un libro apto para todos os públicos
Queremos que este libro chegue ás librerías. Entender a galeguidade como unha marca para vender. Xa lle tocou o momento á moda, á carne, ao marisco, e agora queremos que lle toque á creatividade e reivindicar o status da profesión en igualdade de condicións a como se traballa en Madrid e Barcelona. Son as declaracións de intencións deste anuario que servirá de bandeira de toda a imaxinación que hai no país.
Ademais, Xesús Pérez explica que o anuario se dirixe a tres colectivos en primeiro lugar á profesión porque un volume como este tenta conseguir que se institucionalice a profesión. Ademais, o sector da publicidade e da comunicación en Galicia está moi atomizado e iniciativa como esta serve para reivindicar como traballamos e para darnos a coñecer desde un punto de vista visual. Como se trata dun traballo de recompilación do mellores traballos de todas as axencias de publicidade que hai en Galicia, os anunciantes tamén están entre o público obxectivo e, por último ao público porque é unha boa forma para amosar a liña gráfica e os traballos publicitarios dun xeito ameno.
O futuro
O Anuario da Creatividade é o resultado do traballo dun grupo de investigación da facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra. Estamos abrindo novas liñas e estamos pensando, xa non dentro do grupo, senón dentro do que chamamos Plataforma Creatividade Galega que agrupará a todas as reflexións sobre a creatividade que amosan tanto as axencias de publicidade, como as empresas de comunicación. Entre os traballos que están planificando destaca a creación dun volume sobre todos os logotipos que hai en Galicia. Un espazo no que dar conta, rexistrar e reflexionar sobre o talento do país e para o que, na opinión de Xesús, queda moito que andar, porque aínda non temos nin a variedade, nin o número de deseñadores, nin a traxectoria que hai noutros países. Iso si, estamos na boa dirección.