O premio Juan de San Clemente medrará na súa vindeira Edición

O xurado internacionalizarase con estudantes de España, Portugal e Francia

9/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Unha gala no Instituto Rosalía de Castro, en Santiago, conmemorará hoxe as quince edicións do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente. José Saramago, Mario Vargas Llosa, Rosa Aneiros e a editorial Tusquets recibirán a homenaxe dos organizadores do certame. Ademais, segundo anunciou o director do centro, na vindeira edición participarán no xurado alumnos de Madrid, Viseu e dun centro francés, ampliando a composición que ata o de agora quedaba restrinxida a alumnos galegos. Ademais, hoxe recollerán os seus galardóns os gañadores da XV Edición, Inma López Silva, Ignacio Martínez de Pisón e Henning Mankell.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Francia, Rosa Aneiros, Inma López Silva...