O XV premio Arcebispo Juan de San Clemente xa ten finalistas

Alberto Canal, Inma López Silva e Manuel Lourenzo González compiten nas obras en galego

18/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Poucos días depois da entrega dos premios Arcebispo Juan de San Clemente da pasada edición, xa se coñecen os finalistas de 2009, na que sera a XV entrega. En lingua galega, desta volta compiten Conexión Tubinga de Alberto Canal, Memoria de cidades sen luz de Inma López Silva e mais O xardín das pedras flotantes de Manuel Lourenzo González. En castelán, optan ao galardón El día de hoy de Alejandro Gándara, La Casa de Dostoievsky de Jorge Edwards e mais Dientes de leche de Ignacio Martínez de Pisón. Finalmente, no ámbito internacional, son candidatos Tren nocturno a Lisboa de Pascal Mercier, Chesil Beach de Ian Mc Ewan e mais El chino de Henning Mankel. Os títulos presentáronse no IES Rosalía de Castro, en Compostela, e foron escolleitos por un comité de profesores. Agora seleccionaranse os catro centros de ensino que, canda ao Rosalía, farán parte do xurado.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Lourenzo González, Manuel Lourenzo, Alberto Canal, Inma López Silva...