Os Premios San Clemente xa teñen finalistas para a súa XXII Edición

Manuel Portas, Xosé María Álvarez Cáccamo e Xavier Quiroga compiten polo premio en galego

18/3/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
40 lecturas | Compartido 0 veces
A organización dos Premios Arcebispo Juan de San Clemente, que seleccionan alumnos de centros de ensino secundario de toda Galicia, deron a coñecer esta semana a listaxe de finalistas da súa vixésimo segunda edición. Na categoría de obras en galegos, os estudantes deberán escoller entre Amor en alpargatas de Manuel Portas, As últimas galerías de Xosé María Álvarez Cáccamo e mais Izam o da saca de Xavier Quiroga. En castelán, optan a premio Sara Mesa con Cicatríz, Héctor Abad con La oculta e Alberto Barrera con Patria o muerte. Finalmente, na categoría internacional, a elección está entre Irène de Pierre Lemaitre, Judas de Amos Oz e La ley del menor de Ian McEwan.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados