Eva Moreda, Manuel Marcos e Xavier Queipo optan ao XVIII premio San Clemente

A organización deu onte a coñecer os finalistas do galardón que escollen os alumnos de secundaria

15/2/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

Os organizadores do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente, que escollen cada ano alumnos de secundaria de toda Galicia, deron a coñecer onte os finalistas desta XVIII edición. A veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda, O bebedor de rakia, de Manuel Marcos, e Extramunde, de Xavier Queipo son as obras que optan ao galarón en lingua galega.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións
Compartir:

En castelán, compiten Juan Marsé con Caligrafía de los sueños, Juan Gabriel Vázquez con El ruido de las cosas al caer e mais Marina Mayoral con Deseos. Finalmente, no campo internacional, os finalistas son Siete años, de Peter Stamm, El mapa y el territorio, de Michel Houellebecq Purga, de Sofi Oksanen.

Os coordinadores anunciaron asimesmo que o vindeiro 22 de marzo entregaránselle os premios aos gañadores da XVII Edición, Xulia Alonso, Eduardo Mendoza e Colm Tóibín, ás sete e media da tarde.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eva Moreda, Eva Moreda, Xavier Queipo, Secundaria...