Catorce artistas achegan as súas obras á Coruña en Cartografías Quebradas

As intervencións nas rúas poden verse ata o final de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Intervención de Mar Vicente no edificio de Palexco

Intervención de Mar Vicente no edificio de Palexco

Cartografías Quebradas é o título co que arrincou o Outonarte 2010 na Coruña, unha colección de obras das cales as intervencións nas rúas poden verse ata o final de novembro e a instalación de Arturo Fuentes, as fotografías de Damián Ucieda, as curtametraxes de animación de Oqo Filmes na Casa da Cultura de Salvador de Madariaga, ata o 15 de novembro. O evento achega á cidade traballos de 14 artistas, que practican desde performances ou danza a intervencións no espazo público. Murais, edificios transformados, fotografías ou proxeccións son algunhas das propostas que se poden ver da man de creadores como Fruela Alonso, Andrés Pinal, Damián Uceda ou María Marticorena entre moitos outros.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Casa da Cultura, Danza, OQO...

Claves

Entidades
Lugares