Manuel Guede, Juan Carlos Fasero, Xulio Lago e Roberto Taboada. Foto: Escena Galega
Os representantes e profesionais das artes escénicas manifestaron no peche das xornadas “As artes escénicas e a crise: presente e futuro”, celebradas no Consello da Cutlura Galega o seu "descontento coas polÃticas culturais do goberno autonómico". Diante de Juan Carlos Fasero, director de AGADIC, solicitaron "unha maior participación do sector nos procesos de toma de decisións". Pola súa banda, Fasero sinalou que o recorte en axudas á produción é dun 30% e o investimento en distribución manterase o ano que vén.