O filme O mensaxeiro gaña o VIII Festival Amal

Mashi, Trasi que Trasi levou o premio do público

2/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
14 lecturas | Compartido 0 veces

O pasado sábado entregábanse os premios do VIII Festival de cine árabe Amal. Nesta ocasión, o iraniano Sharham Alidi levou o premio ao mellor filme coa obra Whisper in the wind (O mensaxeiro), cuxo protagonista, Omar Chawshin, foi considerado mellor actor. O público, pola súa banda, seleccionou Mashi, Trasi que Trasi, de Eduardo Alter, como obra preferida. Na categoría de mellor actriz foron escolleitas de xeito colectivo Hafsia Herzi, Sondos Belhassen e Wassila Dari polo seu traballo en Buried Secrets (Secretos Enterrados). My Ragdoll de Shereen Ghieth foi considerada a mellor curtametraxe documental, mentres na categoría de ficción impúxose C’est Dimanche de Samir Guesmi. Elia Suleiman e Michel Khleifi compartiron o premio ao mellor director.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Amal, Documental, Cine

Claves

Entidades
Conceptos