O Festival Amal galardoa a historia nostálxica de Waiting for Pasolini

Elvira Armiñán e Samir Gesmi fanse cos premios a mellor actriz e mellor actor

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Un equipo de italianos desprázase ata Ouarzazate (Marocos) para rodar un filme sobre a Biblia. Alí se atopan con Thami, un reparador de televisións, que comeza a preguntarlles sobre Pasolini, ao que coñecera hai corenta anos na rodaxe doutra película. Aínda que lle comunican que hai tempo que finou o director, para Thami Pasolini segue vivo. Este é o argumento de Waiting for Pasolini a película premiada nesta edición de Amal na categoría de longametraxes de ficción. Un filme que comparte palmarés con La maison Jaune, premio da TVG; La caravana del manuscrito andalusí premio do público ou Alain Gomiez, que foi recoñecido como mellor director por Andalucía.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Amal, Biblia, TVG, Andalucía

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares