Nace o portal Redelibros

Tentará servir de punto de encontro dos lectores e canle de comercialización das librarías

2/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturacomunicación
20 lecturas | Compartido 0 veces
O vindeiro 12 de novembro terá lugar en Vigo a presentación oficial do portal Redelibros. Este iniciativa virtual ten en principio dúas liñas: por unha parte ser unha rede social de literatura que sirva de nexo de encontro entre “ escritores, editores, libreiros, bibliotecarios e, moi especialmente, lectores”; por outra banda Redelibros tamén pretende converterse nunha plataforma de difusión do libro, tanto electrónico como en papel agrupando nela as librarías para que comercialicen os seus libros na rede. Na presentación pública na taberna-taller Detrás do Marco, na rúa Londres, inaugurarase oficialmente esta ferramenta virtual cun intercambio de libros entre os asistentes e a actuación do contacontos Anxo Moure. Redelibros xa está dispoñible na rede aínda que en proceso de desenvolvemento e é responsabilidade dunha empresa vencellada á Libraría Cartabón de Vigo.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Lugares