Galeusca denuncia a "regresión" nos investimentos en cultura da Xunta

Os escritores expresan o seu "desacordo" coa recente convocatoria dos Premios de Creación

2/11/2010 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces

Foto: AELG

A XXVIII edición de Galeusca, a reunión de escritores galegos, bascos e cataláns que se celebrou esta semana pasada na Coruña, fixo públicas unhas conclusións nas que denuncia a regresión orzamentaria en materia de Cultura do goberno galego: "Denunciamos a regresión na política de investimentos en cultura por parte da Xunta de Galicia, que imposibilita o desenvolvemento ascendente e normalizado da actividade cultural vinculada ás industrias do sector e co propio proceso creativo de autores e autoras nas súas diferentes manifestacións artísticas". Galeusca tamén manifestou o seu desacordo co decreto do plurilingüismo e coa convocatoria deste ano dos Premios de creación: "polo seu rexeitamento do cualificativo “Nacionais” co que naceron no seu día e pola anulación da dotación económica que conlevaba esta mención de recoñecemento".
Vídeo coa lectura das conclusións:

Universo culturagalega.gal