Os escritores de Galeusca queren construír unha entidade xurídica para actuar conxuntamente

Galeusca será entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O congreso Galeusca 2007 despediuse o sábado no Gran Hotel de Lugo cunha homenaxe a Basilio Losada e Xosé Estévez despois de dúas xornadas nas que escritores vascos, cataláns e galegos reflexionaron sobre a importancia dos imaxinarios. Entre as conclusións extraídas deste encontro e feitas públicas pola AELG cabe destacar a necesidade observada de crear a partir de Galeusca unha entidade xurídica común para actuar en todas as instancias así como a afirmación de que a actual estrutura estatal non garante o desenvolvemento das diferentes identidades lingüísticas e culturais agrupadas en Galeusca. Os escritores tamén incidiron na necesidade de recuperar os imaxinarios tradicionais propios e “inventar novos imaxinarios para novos tempos” e reivindicaron avances na protección dos dereitos de autor.

Máis información en GALEUSCA 2007

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Xosé Estévez, Basilio Losada, Lugo...