A XXIV edición do Galeusca buscará as fontes do imaxinario nas literaturas participantes

O Galeusca dos imaxinarios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O encontro de autores de Galicia, Euskadi e Catalunya, organizado este ano pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, dará comezo este venres día 2 ás 10 horas na sala de conferencias de Caixa Galicia en Lugo cunha mesa redonda sobre as fontes do imaxinario nas literaturas éuscara, catalana e galega. O imaxinario na literatura, será o eixo central sobre o que vai xirar a XXIV edición do Galeusca, que se celebrará nas cidades de Lugo e Mondoñedo do 1 ao 4 de novembro. Como actividades paralelas á celebración do congreso, organizouse un roteiro pola cidade de Lugo guiado por Lois Diéguez, una visita ao Museo Provincial, actuacións de danza e teatro, e un acto de homenaxe a Basilio Losada e Xosé Estévez.

Máis información en GALEUSCA 2007

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Lugo, Basilio Losada, Lois Diéguez...