Xosé María Fernández Pazos: Xornalista especializado en Internet

Dez anos de Culturagalega.org: Cos ollos dos usuarios

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Xosé María Fernández Pazos. Foto: Código Cero

Xosé María Fernández Pazos. Foto: Código Cero

Xosé María Fernández Pazos é unha das persoas que máis leva traballando pola difusión de Internet e das novas tecnoloxías na sociedade Galega. Desde o seu traballo na Radio Galega ou desde o web e as páxinas de Código Cero, este xornalista é unha referencia para estar ao día dos últimos adiantos tecnolóxicos ou das tendencias na rede.

¿Cando coñeciches o portal?
Desde o primeiro día. Daquela facíamos un programa na Radio Galega que se chamaba Código e precisamente entrevistamos ao director cando saíu.

¿Como o ves na actualidade?
Paréceme moi útil. Evolucionou moitísimo desde as súas orixes, pero penso que vai pola liña axeitada. En xeral está moi ben estruturado, é sinxelo atopar as cousas e o buscador funciona ben.

¿Que pensas que lle falta?
Penso que o facedes moi completo, non vexo qué lle poida faltar. Ás veces tarda un pouco en cargar, ás veces vai a modo.

¿Hai algún servizo que empregues habitualmente ou algún contido que lembres de xeito especial?
Adoito mirar de todo un pouco. Especialmente o de audiovisual é o que máis me interesa polo meu traballo. Habitualmente ollo a portada e logo entro nalgunha cousa que me interesa.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Unha década en Código

Unha década en Código

O web de Código Cero cumpre dez anos sendo un referente na información tecnolóxica en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé María Fernández Pazos, Internet, Culturagalega, Radio Galega...