María Yáñez: xornalista multimedia

Dez anos de culturagalega.org: Cos ollos dos usuarios

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
María Yáñez: xornalista multimedia

Blogueira de renome, guionista, xornalista, dinamizadora da rede... O currículo de María Yáñez abrangue un bo feixe de areas. Esta profesional da información leva anos a se consolidar como un referente imprescindible na rede galega. Agora, desde a empresa A Navalla Suíza está detrás de proxectos como GalegoLab, entre outros.

¿Cando coñeciches o portal?
Funo seguindo desde o nacemento, ou mesmo desde antes. Os que sabiamos que se estaba a cocer xa estabamos un pouco espectantes e queriamos ver como era.

¿Como o ves na actualidade?
Véxoo moi distinto a como comezou. Mudou Internet e o xeito de consumir información, e nese sentido vaise adaptando, eu agora xa entro máis vía Twitter e Facebook.

¿Que pensas que lle falta?
Ten moitísimas cousas. Supoño que boto en falta máis multimedia, mais vídeo, infografía e esas cousas. Hai que seguir experimentando un pouco con esas novas posibilidades da rede. E logo ao mellor debería non ser tanto un medio que se fai eco do que acontece e producir máis contidos propios. Xa que a institución tamén produce moito material de divulgación, penso que o portal debía ser un pouco máis de divulgación diaria. Tedes feito cousas como mapas e cousa polo estilo e gustaríam que os empregásedes máis.

¿Hai algún servizo que empregues habitualmente ou algún contido que lembres de xeito especial?
Na actualidade é o twitter é o que mais emprego. Por contido o que máis me intresa son os temas en profundidade. A información diaria é máis breve e ao mellor entérome máis por outros sitios, non a sigo tanto. De antes lembro cousas como a revista de Fin de Semana, as colaboracións de Anxos Sumai, ou a sección sobre os favoritos da xente. Parecíame que era unha sección curiosa, na que a xente explicaba as súas navegacións. Lémbroo con moito cariño.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Yáñez, Culturagalega, Suíza, Twitter...

Claves

Entidades