As catedrais de Mondoñedo e Lugo reciben fondos do 1 por cento cultural

A rehabilitación da compostelá Casa do Cabido tamén irá a cargo destes orzamentos

O fondo do 1% que o Ministerio de Fomento destina a fins culturais das súas obras continúa a chegar a Galicia. Deste xeito, o ministro, Xosé Blanco, asinaba onte un convenio co alaclade de Mondoñedo polo que o seu departamento achegará 1,1 millóns de euros á recuperación urbana do contorno da catedral desta cidade. Ademais, Blanco anunciou a súa intención de que este fondo cubra proximamente o 75% dos custes da rehabilitación do altar maior e da fachada principal da Catedral de Lugo, na actualidade nun grave proceso de deterioramento por filtracións. Blanco asina hoxe en Compostela o convenio polo que Fomento financia con 700.000 euros a rehabilitación da Casa do Cabido. Ademais, xa está anunciada a vindeira intervención deste departamento na recuperación do Pórtico Real da Catedral e do seu Contorno.