Lugares para crear

Unha gran exposición pecha as actividades do Ano Seoane

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Lugares para crear

Naceu de emigrado en Bos Aires, regresou a Galicia con seis anos, desde onde se exiliaría ao comezo da Guerra Civil. Despois, Luís Seoane non parou de viaxar. Por iso, falar de lugares na sua traxectoria é falar del mesmo. A sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia abriu esta fin de semana unha mostra que recolle 350 obras, 220 documentos orixinais e 130 reproducións dun dos creadores máis destacados que pariu a cultura galega. Baixo o titulo de Cen por cen Seoane documentanse e acheganse cen espazos, que non teñen porque ser físicos, senon tamen persoeiros, entidades, temas ou ideas, que ocuparon o seu lugar na súa personalidade. É a gran exposición que pecha o Ano Seoane.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Na procura dun símbolo

Na procura dun símbolo

Un congreso achegarase á faceta menos coñecida do polifacético Luís Seoane

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Seoane, Guerra Civil, Fundación Caixa Galicia, Bos Aires

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares