Santy Gutiérrez. Presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Dez anos de Culturagalega.org: Cos ollos dos usuarios

Ilustrador, humorista gráfico e autor de banda deseñada, Santy Gutiérrez ocupa desde hai varios anos a presidencia da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. Agora cóntanos como é a súa relación con Culturagalega.org

¿Cando coñeciches o portal? ¿Que impresión che deu?
Coñecino grazas ao traballo da sección de banda deseñada. A xente do mundiño falaba que lía as cousas da BD, e logo chamábades e pedíades material e facíades preguntas, e así entrei.

¿Como o ves na actualidade?
A verdade é que fai moito tempo que non entro, pero das últimas veces que entrei, deume a impresión de que está cada vez mais completo. Antes parecíame mais abarcable a nivel de contidos pero agora é inmenso. Hai moitísimas novas, fichas de autores, axendas... e iso só en cómic, se vas xa por outras partes non che conto.

¿Que pensas que lle falta?
Hai moitas cousas, fichas, autores, información, sobre certames, novidadades... a verdade é que está moi completiño, no boto nada en falta.

¿Hai algún servizo que empregues habitualmente ou algún contido que lembres de xeito especial?
Estou subscrito aos RSS de novas, entón non entro moito no web porque as recibo xa directamente. Logo en BD gústanme moito as fichas dos autores, que permiten ver as páxinas e o que fixeron uns e outros. Tamén descargo moitos PDFs.