Os anuncios da olaría de Buño e Gadis gañan o certame de publicidade en galego

O certame pretende fomentar a creatividade e o uso do galego nos medios

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Esta fin de semana falláronse os XVII premios de Publicidade en Galego que conceden o Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-G. O certame, que pretende fomentar a creatividade e o uso do galego nos medios, recoñeceu as campañas da Olaría de Buño (na modalidade de internet), a cuña “ARTS divino” (no apartado radiofónico) e o anuncio “Maloserá” de Gadis (para televisión). Ademais, estableceuse un premio especial “Muralla de Lugo” para celebrar o décimo aniversario do recoñecemento de Patrimonio da Humanidade pola Unesco, e recae u no anuncio de Monbus que tiña o lema “achega a Muralla de Lugo a toda Europa”. Os premios concedéronse no salón de actos da deputación lucense.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gadis, Muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade, Internet...