Os espectáculos para os pequenos fan a súa aparición na Feira Galega das Artes Escénicas da man de dúas compañías. Dunha banda Galitoon, co seu espectáculo de jazz, da outra, os andaluces La Rous, cun espectáculo premiado na Feira de Teatro infantil e xuvenil de Xixón. Despois, danza con David Loira e Neodans e o particular Cásting da vida que propón Lagarta, Lagarta. A xornada deixa tamén un oco para o recoñecmeento de Suso Díaz. Sarabela Teatro non desenvolverá a función prevista en lembranza e homenaxe ao seu compañeiro e amigo a pasada semana.
Botazz! O swing do jazz
A filla de Woody Allen
Casting
Sólodos
Incertezas









