Carlos Callón, voceiro da plataforma Queremos Galego presentaba esta mañá en Compostela O Circo da Lingua, o evento que esta entidade celebrará o vindeiro 16 de outubro en Soutomaior. Concertos de Güintervan, Nao, Os tres trebóns e Som do Galpom, canda a espectáculos de rúa, feira de libros e de artesanÃa, xogos tradicionais e unha mesa de debate co tema Un futuro en galego: retos de hoxe para unha lingua normalizada conforman o groso dun programa, que comezará as 11:30 da mañá.