Os profesionais do teatro reúnense para analizar o seu futuro

As xornadas desenvolveranse do 2 ao 5 de novembro no Consello da Cultura Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Ás portas de que comece unha nova edición da Feira Galega das Artes Escénicas, o encontro clave para distribuír e vendres os espectáculos teatrais, os profesionais acaban de convocar unha xornada para falar da súa situación. Será en novembro (do 2 ao 5) no Consello da Cultura Galega, co obxectivo de analizar a situación tanto de públicos (incluídas as redes e circuítos de exhibición), como das subvencións e demais medidas que impulsen a creación, así como o papel das institucións públicas (desde a existencia de institucións como as unidades de produción). O encontro está organizado polo colectivo profesional, Escena Galega.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Teatro, Artes Escénicas, Feira...