Unha reedición recupera o traballo do grupo coruñés Eskizos

O álbum recolle dous EP, directos e material inédito

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A discográfica Mushroom Pillow presentará o vindeiro 16 de outubro na FNAC da Coruña Eskizos. 1989-1993. O CD recompila o material que este conxunto publicara nos dous EPs Los Eskizos (1991) e Turn off the light (1993) canda a material inédito e temas ao vivo, sumando un total de 11 cortes. A presentación contará coa presenza de Pedro Granell e Luís Garrido, antigos membros da xa desaparecida banda. O CD porase a venda o vindeiro 19 deste mesmo mes.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con EPs, Cortes, Los Eskizos, FNAC

Claves

Entidades
Conceptos