Vinte empresas participarán na Feira do Libro de Frankfurt

É o mercado sectorial máis importante de Europa

A Xunta e a Asociación Galega de Editores traballan xuntas na promoción do libro galego. Polo menos así será en Frankfurt onde mañá comeza a Feira Internacional do Libro máis importante de Europa. Un total de 20 empresas galegas estarán presentes no acontecemento baixo este paraugas que alén da presenza física, inclúe tamén outras actividades. Destaca a presentación (venres 8) da Antoloxía da literatura galega (1196-1981), froito da colaboración entre Xerais, Galaxia e a Consellaría de Cultura e que reúne 55 textos de 40 autores.