A presenza do Libro Galego na Feira de Frankfurt inclúe un espazo para a BD Galega

BD galega en Frankfurt

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Dentro o amplo posto que a Consellaría de Cultura enviou á Feira do Libro de Frankfurt hai un espazo para achegarlle aos asistentes a banda deseñada feita en Galicia. Unha selección de títulos, semellante á que xa se puido ver no Saló de Barcelona, está a disposición do público nun expositor baixo o público “Galician Cómic”. Ademais, achéganse textos sobre os festivais galegos dedicados á novena arte. A feira é un punto de encontro para o sector do libro onde se negocian dereitos e traducións de obras a nivel internacional.

Máis sobre a feira no web da Consellaría de Cultura

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Frankfurt, Feira do Libro, Cómic, Banda deseñada...