Un foro estudará que variables determinan o prestixio das linguas minoritarias

Organizado pola Fundación Casares, terá lugar en Mugardos os días 8 e 9 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Un foro estudará que variables determinan o prestixio das linguas minoritarias

A Fundación Casares quere achegar o seu gran de area para contribuír á normalización lingüística por iso creou o Seminario Permanente de Lingua e Sociedade. No marco da accións deste grupo celébrase o primeiro Foro Mugardos Lingua e Comunicación (Pazo de Rilo, Mugardos, 8-9 de outubro). Nel, especialistas como Glyn Williams, Gabriel Rei-Doval, Xosé Luís Barreiro, Valentín García Gómez, Joan Argenter ou Fernando Ramallo, abordarán como se constrúe o prestixio das linguas socialmente minoritarias, que variables definen ese prestixio e como se pode actuar sobre elas. O encontro é de balde e está dirixido a publico xeral interesado no tema, así como a lingüistas, sociólogos, profesionais de servizos de normalización, axentes e intermediarios culturais ou estudantes.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mugardos, Fundación Casares, Fernando Ramallo, Xosé Luís Barreiro...