
A creatividade musical do paÃs, en todos os seus xéneros de expresión, pode formar parte da banda sonora que acompañe durante a navegación aos usuarios de culturagalega.org. A través da extensión na rede social MySpace do soportal MeGA (Música en Galicia) póñense a disposición pública dúas listas de reprodución musical (playlists) de artistas e grupos galegos dos máis diversos estilos. O reprodutor da páxina de MeGA en MySpace – que pode executarse de maneira independente ao perfil- ofrece actualmente máis de 60 temas musicais distribuÃdos nestas dúas listas das que unha ofrece temas cuxas letras sexan exclusivamente en lingua galega mentres que na outra poderanse escoitar estes temas asà como os que estean en castelán, inglés, francés ou calquera outro idioma. As listas engaden continuamente novas cancións dos artistas galegos presentes en MySpace e que tamén pasan a formar parte da súa lista de amigos. No MySpace de MeGA tamén pode accederse a unha recompilación de vÃdeos musicais e noticias sobre a escena musical.