MeGA xa ten un lugar de seu en MySpace

O soportal de información musical de Culturagalega aproveitará todas as posibilidades desta rede social

24/9/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: músicasociedadecomunicación
18 lecturas | Compartido 0 veces
A canle de información musical do portal Culturagalega.org ven de abrir un perfil de seu na rede social MySpace, a ferramenta máis usada actualmente polos músicos e bandas en Internet. MeGA “Música en Galicia” aproveitará desde agora todos os fluxos de comunicación que permite esta popular rede para representar ao sector musical do país e dar maior presenza e relevancia a todas as súas actividades e noticias. Desde o seu perfil aberto a todas as colaboracións MeGA ofrecerá unha porta de entrada no MySpace especializada sobre a presenza galega nesta rede social. Vídeos, música, información das novidades, concertos e convocatorias así como comentarios e intercambio de opinións sobre a música en Galicia aparecerán neste perfil . Máis de 50 grupos, artistas ou axentes do sector musical xa conforman a lista de amigos de MeGA. Despois de abrir unha canle en Twitter esta é a segunda extensión que o portal Culturagalega.org presenta sobre unha rede social sacando así parte da súa actividade de difusión cultural da súa propia cabeceira editorial.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Entidades
Conceptos