Os músicos da Rede de Locais de Ensaio dispoñen dun novo portal para difundir a súa actividade

Contarán cun servizo en liña de asesoría xurídica sobre propiedade intelectual

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

A Dirección Xeral de Xuventude e a de Creación e Difusión Cultural xuntaron onte aos seus representantes, Rubén Cela e Luís Bará, para presentar o portal Nsaio.org. A nova plataforma da Rede Galega de Locais de Ensaio da Xunta vertebra así o sistema ofrecendo un espazo autoxestionable que lles permitirá aos grupos e artistas que usan estes locais de introducir todo tipo de información sobre o seu traballo, a documentación relativa aos servizos que ofrece a Dirección Xeral de Xuventude, noticias, concursos e mesmo unha radio con mostras de música dos grupos da rede. Por toda Galicia existen actualmente dezasete locais dentro desta rede e as previsións son que cheguen a ser trinta antes de final de ano.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, Xuventude, Dirección Xeral de Xuventude, Luís Bará...