Unha persoa que fixese o Camiño de Santiago a pe entre Roncesvalles e a capital galega en 26 dÃas, camiñando 5 horas ao dÃa, poderÃa chegar a escoitar durante o seu percorrido a lista enteira de reprodución de música galega 'Escoita o Camiño. Escoita Galicia'. Esta lista dispoñible en Spotify reúne ao longo de 134 horas e 37 minutos ata 2019 cancións de 1000 artistas e grupos galegos. A Fundación SGAE en Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia a través da AGADIC e do Xacobeo 21-22 é a responsable deste enorme compendio reproducible completo de temas, que ademais tamén se ofrecen agrupados dun xeito máis manexable en 22 listas de reprodución temáticas, das que 13 xa estarán operativas nos vindeiros dÃas. As agrupacións de cancións poden ter que ver con xéneros musicais, coma no caso do jazz ou a clásica, ou verse ofrecidas de xeito conceptual como "Campo da festa" (pachanga e pasodoble), "ChÃscalle o ollo" (romántica), "Definamos morriña" (nostálxica), etc. Tamén existe unha lista que agrupa as músicas na función do uso da lingua galega, "En galego", reunindo diversos estilos, que ofrece arestora 71 cancións. A súa difusión focalizarase inicialmente nos albergues e noutros puntos destacados do Camiño de Santiago en Galicia, mediante códigos QR para o acceso directo ás listas, asà como mediante as redes sociais.