A colleita musical deste ano que xa está a dar os derradeiros pasos resultou, unha vez máis, moi completa e variada, chea de calidade e de creatividade. O magazine GZMúsica ven da presentar unha lista de reprodución en YouTube de 101 videoclips de artistas galegos que este ano foron os que máis soaron, os máis reproducidos. Para iso, a equipa de estatÃsticas de GZmúsica levaron a cabo, segundo eles mesmos din, unha análise das reproducións de cancións nas diversas plataformas habituais de música : número de reproducións en Youtube e Spotify, o número de seguidores nestas plataformas dixitais e noutras como Deezer, bandcamps dos artistas, tempo de publicación, etc. O resultado son máis de 6 horas de creatividade musical e tamén audiovisual feitas no paÃs. A meirande parte das cancións son en galego, pero tamén hai espazo para algunha en outros idiomas. Os estilos son do máis variado, desde o rock ao reggae, a música electrónica, ou o trad, entre outros e os nomes daas bandas e artistas poden ser daqueles máis coñecidos como de outros emerxentes ou que teñen un nicho fiel de seguidores.
Tamén cun obxectivo de recompilación de música en galego, pero máis alá do presente ano, o colectivo GaleguÃza-T , conformado por estudantes do IES Neira Vilas de Oleiros que nunha actividade do Equipo de Dinamización LingüÃstica do centro, coordinado por Alberto Pombo, elaboraron unha lista de reprodución a través da plataforma Spotify na que xuntan 272 cancións en galego nunha escolma que se presenta como Nova antoloxÃa da música galega contemporánea. Nesta extensa lista que é exclusiva para cancións en lingua galega os estudantes de Galeguiza-T conseguen ofrecer sen repetición de grupos, máis de 16 horas de música con letra en lingua galega, algunhas que corresponden mesmo ás cancións orixinais do XabarÃn Club e outras moito máis actuais. Os estilos son tan variados como na listaxe anual, pero a ollada cara atrás dá ocasión de atopar algunhas “rarezas” como a La Polla records ou The Killer Barbies cantando en galego ou bandas xa desaparecidas como Nen@s da Revolta ou Fanny & Alexander ou Marful.