Varias producións galegas exhíbense no marco do Festival de Cine San Sebastián

Dygra presentou un avance da súa última produción Noite de ¿paz?

24/9/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Festival de Cine de San Sebastián entra nas últimas horas antes de que o xurado desvele o gañadores da Cuncha de Ouro. Pola cidade vasca paseáronse estes días algunhas producións galegas. No marco da sección Made in Spain presentouse a exitosa Cela 211 e Estigmas; na chamada “Zabaltegui-Perlas” o ourensá Rodrigo Cortés exhibiu Buried coa que foi premiada no Sundance. A coprodución entre a galega Tic-tac con varias empresas iberoamericanas, Auga Fría de Mar, presentouse no marco da sección Horizontes Latinos. Completa a listaxe de películas galegas na 58 edición, un avance de Holy Night. Noite de ¿paz? de Dygra, que se encadraba no Encontro Internacional de Estudantes de Cinema.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Dygra, Rodrigo Cortés, Ouro...