O sector audiovisual está estes días a presentar os seus últimos proxectos. A cinta protagonizada por Luis Tosar e coproducida por Vaca Films Celda 211, esatrá presente no Festival Internacional de Cine de Toronto. Canda esta, a coprodución Auga fría de mar participará no Festival de Cine de San Sebastián, no marco da sección Cine en Construción. No apartado Made in Spain deste festival, tamén se proxectará outro título galego, Relatos de Mario Iglesias. Pola súa banda, Dygra tamén acode estes días ao Festival de Cine Infantil de Frankfurt presentando a súa terceira longametraxe, O espírito do bosque. Ademais, unha delegación de dez empresas do Clúster do Audiovisual Galego viaxa a Amsterdam para contactar cos principais proveedores de equipamento audiovisual no International Broadcasting Convention que terá lugar do 10 ao 15 de setembro.
Os últimos proxectos do audiovisual galego están presentes en varios festivais
Unha delegación está en Amsterdam para buscar proveedores de equipamento audiovisual
33 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares
