Tres producións galegas estarán presentes en San Sebastián

Vaca Films estreará o seu último filme no Festival de Cine de Montreal

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Tres producións galegas estarán presentes en San Sebastián

É o festival español de cine máis importante do Estado e este ano contará nas diferentes seccións do seu progarma con tres títulos relacionados con Galicia. O director ourensá Rodrigo Cortés presentará alí Buried(Soterrado), o filme premiado en Sundance que está a levantar grande expectación. Canda este titulo, Dygra presentará alí a súa primeira produción en 3D, Noite de paz? que ten previsto estrear para este nadal nas carteleiras. Completa a participación galega, Canto pesa oseu edificio Señor Foster?, un documental codirixido polo ourensá Norberto López. Canda estas novidades, Vaca Films presenta a súa próxima película (e ópera prima de Luis Avilés), Retornos, no marco do Festival de Cine de Montreal. O filme chegará as carteleiras en outubro distirbuído por Vértice Cine.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Vaca Films, Rodrigo Cortés, Documental...