Ourense completará a súa oferta cultural convertendo o vello cárcere en museo

Reinserción

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O casco antigo de Ourense está cambiando pouco a pouco de cara. E unha das iconas dese cambio pasa polo cárcere. Trátase dun ambicioso proxecto asinado polos arquitectos Elvira Carregado, Luís Pérez de Juan e César Pichel que pretende converter o cárcere da Rúa Progreso nun museo. O plano contempla a construcción dunha planta máis do edificio (que será de cristal) e un párking e que terá un custo de dez millóns de euros. O museo especializarase na historia, arqueoloxía e no patrimonio cultural ourensán, e gardará un amplo espacio para exposicións, investigación, biblioteca e para as videconferencias con outros museos.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Museos, Arqueoloxía, Exposicións

Claves

Lugares